jueves, 2 de mayo de 2013

Binta y la gran idea

Concienciador. O corto "Binta y la gran idea" pertence ao filme "El mundo a cada rato". É un cortometraxe que me gustou tanto polos temas que trata como por cómo os trata: fálase da situación da muller no continetre africano e da educación. Nun continente no que a muller está discriminada, preséntasenos a historia da prima de Binta, Soda, que non pode ir á escola como ela xa que seu pai non llo permite. Súa nai tamén quere que vaia á escola porque non quere que a enganen no mercado, pero seu pai non dá o seu brazo a torcer. Para intentar cambiar isto, os rapaces da escola represestan unha obra de teatro para intentar convencer ao pai de Soda. En canto a isto, vemos nunha escena cómo se educa aos nenos nas escolas africanas: unha educación basada no respeto, na tolerancia e na solidariedade, a diferencia da educación dos países desenvolvidos, que está baseada nunha competición constante.


Por outra parte, Binta conta a historia de seu pai, que ten unha gran idea que quere levar a cabo. Para iso chega ata o gobernador do seu país, Senegal. Unha gran idea que consistiría en adoptar a un rapaz "tubab", que é o nome que lle dan aos habitantes dos países ricos, para educalo no respeto e para aprender uns dos outros.


Binta y la gran idea. Vídeo completo

No hay comentarios:

Publicar un comentario