Denomínase Imperialismo ao proceso de expansión das principais potencias económicas do século XVIII e XIX (Francia, Gran Bretaña, Alemania, E.E.U.U. ...) nos continentes africano e asiático. Esta expansión débese a diversas causas:
- Económicas: tras a revolución industrial a necesidade das nacións de conseguir materias primas para as factorías e a necesidade de novos mercados onde colocar os seus produtos creceran.
- Demográficas: o aumento gran aumento que sufriu a poboación nestes séculos fixo que as cidades estiveran sobrepoboadas, o que derivou nun descenso do nivel de vida da poboación xa que escaseaban os recursos.
- Territoriais: as fronteiras dos países estaban fixadas e a expansión territorial debía realizarse en países extracontinetais.
- Ideolóxicas: creencia de que os negros eran unha raza inferior e que o seu deber era civilizalos. Tamén se buscaba a expansión de valores políticos, culturais, relixiosos...
Cronoloxía do Imperialismo en África
Como consecuencias desta explotación, o empobrecemento do país debido á pobre industrialización e á ausencia case total de infraestruturas; a perda da indentidade cultural, relixiosa... do país colonizado; o aumento da poboación, que creou un desequilibrio entre esta e os recursos; a introdución de enfermidades descoñecidas ( gripe, viruela) no país... son un denominador común na maioría dos países colonizados.
En 2013, os 10 países máis pobres do mundo, segundo o IDH, eran africanos.
En 2013, os 10 países máis pobres do mundo, segundo o IDH, eran africanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario