viernes, 30 de noviembre de 2012

Proba

b)- un clásico
Este vídeo mostra o que lle pasa a moita xente ao cambiar algo que estaban acostumados a usar, pero que polo paso do tempo, vai quedando obsoleto. No vídeo vemos a un moxe que durante toda a súa vida usou un pergamino para ler ou escribir, e ten que comezar a usar libros. Non sabe como usalos e ten que chamar ao seu axudante, que lle explica o "funcionamento" do libro.

Isto é o que lle pasa actualmente a moitas persoas con Internet: non saben como comezar a usar esta nova ferramenta de información. Este descoñecemento incluso pode dar lugar a certa reticencia por parte da persoa, facendo que nin sequera queira aprender cómo usar un ordenador ou Internet.